CorrendoxOurense Carreira XXI

CorrendoxOurense Carreira XXI

domingo, 20 de enero de 2013

Cross Boboras 2013




Nunha mañá desapracible no meteorolóxico e con atraso no horario previsto para o comezo da proba, un bo grupo de atletas do noso club participamos na edición deste ano do xa tradicional cross de Boborás  .A carreira fíxose dura polo estado do terreo despois da semana de chuvias que levamos aínda que por outra, tratándose dun Cross e no mes Xaneiro non foi nada que non estivese dentro do previsible

 Nesta ocasión aínda que sen desmerecer a boa actuación dos compoñentes do equipo masculino, foron mais resolutivas as rapazas xa que por medio de Sonia e Marga alcanzamos o triunfo na categoría absoluta e tamén na de veteranos


Na categoría masculina o atleta mais destacado resulto ser Saturnino, quen a pesar de do bo nivel que tiña a carreira este ano logro clasificarse sexto na categoría absoluta a menos dun minuto do vencedor, na categoría de veteranos masculinos subiu ao podio no  terceiro  posto Pepe Losada, e Felix Sotelo tamén tería estado pero non foi así por un fallo no chip que non lle permitiu validar o seu tempo de entrada en meta

Podés ver a clasificación dos nosos atletas neste enlace



No hay comentarios:

Publicar un comentario