CorrendoxOurense Carreira XXI

CorrendoxOurense Carreira XXI

lunes, 18 de febrero de 2013

Campionato Galego Cross Veterano 2013




Esta foi a mañá na que algúns entendemos iso que chaman a dureza do cross, polo que a nosa compañeira Chus escolleu un bo día para estrearse en competición oficial no sentido de que a partir de hoxe, nin ela nin outros novatos  pouco se lle vai asustar a dureza de calquera percorrido.


No que á competición se refire destacar a pletórica actuación de Sonia e Saturnio, ambos os dous clasificáronse terceiros absolutos e primeiros da categoría, unindo á súa capacidade como atletas o ser por costume os primeiros que están par apoiar o club no caso de Sonia agradecer a maiores que nos acompañou a pesar de facer un Cross en Rota o pasado mércores, proba na que se clasificou para o campionato do mundo militar da especialidade.
A eles os dous uniuse Marga na honra de subir ao podio, cousa que non nos estraña por que dende a súa volta o fai de xeito habitual.

O resto dando o calo cada un dentro deas as súas posibilidades como podemos mirarr no resumo da clasificación esforzo que nos deixo ás portas de subir aos caixóns de triunfadores como equipa xa que ás rapazas só lle faltaron dous puntitos e aos da carreira de maiores de de 45 anos sete puntos en resumo un millón de grazas a todos os que alí se presentaron e alegrarnos porque seguimos mellorando nos nosos resultados



No hay comentarios:

Publicar un comentario