CorrendoxOurense Carreira XXI

CorrendoxOurense Carreira XXI

martes, 12 de febrero de 2013

Fin de Semana 10 de Febreiro 2013






Neste fin de semana, que se caracterizou por ser dun tempo climatolóxico realmente desagradable, participamos en dúas carreiras con dous atletas en cada unha delas por unha parte a carreira popular de Lalín na que Saturnino se clasificou como oitavo na categoría absoluta, investindo para percorrer unha distancia de 10 Km e con estas condicións tan adversas un tempo de 35 ´ e 52", participando acompañado nesta carreira por Xosé Losada que chego á meta na posición número 52 e foi o segundo na categoría á que pertence  V55.


A nivel oficial tamén estivemos presentes no campionato Galego de Veteranos en pista cuberta, proba na que só se participa por categorías nela : José Luis Rey (Chicho), se proclamo campión galego V60  na distancia de 400 e tamén de 800 metros , realizando os percorridos a un ritmo de 2:57 e 30 respectivamente. 

Nas mesma distancias e nunha categoría mais difícil V40 participo o noso compañeiro Alberto Ojea quen realizou unhas medias de 2:37 e 2:57 que lle serviu para alcanzar a cuarta e a quinta praza, así como dunha boa base para mellorar os seus resultados no próximo campionato de aire libre no que xa participará como V45 no que mantendo os mesmos tempos serviranlle para acceder ás medallas.

1 comentario: